O OUTONO

Coa chegada do outono empezamos outro proxecto máis. Observamos cambios no entorno onde estamos e preguntámonos por qué suceden. Tomaremos datos do tempo atmosférico cada día, investigaremos sobre os cambios na vida dalgúns animais, sobre por que algunhas árbores perden as follas e outras non, sobre os froitos propios desta época, sobre algún traballo que só se realiza nesta estación, buscaremos poemas, refráns, adiviñas ..., faremos teatro, cantaremos cancións, participaremos no magosto, etc.

O NOSO "COLE"

O noso primeiro proxecto de traballo vai ser unha pequena investigación sobre o noso colexio que sirva para que os nenos e nenas procedentes doutros centros se integren máis rapidamente, e para que todos e todas (os/as que xa viñan a este colexio e os/as de fóra) coñezan máis en profundidade as distintas dependencias, as persoas que traballan aquí realizando distintas funcións, os nomes en galego dos utensilios e materiais que habitualmente temos ao noso carón mentras estamos na escola, etc.

EMPEZA UN NOVO CURSO

Empeza un novo curso para todos/as.

Os nenos e nenas da clase remataron o período de Infantil e xa están en Primaria.

Están aprendendo a ler e a escribir como os maiores.

A "profe" está intentando botar a andar este "blog".

Cántas cousas temos todos e todas que aprender!

E qué difíciles parecen ao principio!

Pero seguro que coas ganas que temos de traballar e de saber cousas novas, lograremos os nosos obxectivos.

BENVIDOS/AS Á PRIMEIRO!