ANIVERSARIOS DE NOVEMBRO

Este mes cumpriron anos ...


ALICIA e CLAUDIA de 3ºA
GAEL, LUCAS e NOELIA de 3ºB

 

 ..............................................................................................................................................

A LATA DE CONSERVAS MÁIS ANTIGA

Sabías que .... latas con máis de 100 anos foron abertas e seguían sendo aptas para o seu consumo.

Lata litografiada “Le Drapeau” c.1910. Museo Massó, Bueu -

“La apertura del bote de conservas más antiguo del mundo tuvo lugar el 11 de diciembre de 1958 en el laboratorio de la Asociación de Investigaciones de las Industrias Alimenticias Británicas. La conserva más antigua databa de 1824, hecha con hierro forjado fuertemente estañado, indudablemente por un hojalatero altamente cualificado que había pertenecido al capitán del barco W. E. Parry para su viaje en busca del paso Noroeste (en el polo Norte), y que fue donada a los laboratorios por Miss Joan McNeel-Cairid de Edimburgo. Al abrirla tanto tiempo después no encontraron signos de putrefacción. Otro bote era de 1849 y formaba parte de las provisiones del barco “Felix” que participado en la búsqueda del Capitán Sir John Franklin, este se abrió en condiciones de asepsia perfectas y extrajeron una masa sólida de grasa. Finalmente la tercera lata que contenía pudding de Nöel envasado para las tropas de la guerra de los Boers, y después de su apertura aséptica constataron que el pudding se hallaba en buen estado, y el olor y gusto eran perfectos.”
(Fuente: “Revista Industria Conservera” –  año 1959)
Encontrado en http://www.clubamigosdelasconservasdepescado.com/index.php/page/2/

VISITA AO MUSEO ANFACO

Esta semana fomos ao Museo Anfaco. Na visita aprendemos moitas cousas sobre a historia da conservación dos alimentos, sobre a evolución das latas e a súa relación cos produtos do mar, sobre a importancia de Galicia neste sector, sobre a presenza maioritaria das mulleres nas fábricas de conservas, e tamén, sobre como a tecnoloxía e a ciencia  axudan a progresar con novos descubrimentos.
Durante a estancia no Museo contáronnos curiosidades como qué relación ten Napoleón coas conservas, por qué hai tantas fábricas en Galicia e por qué traballan tantas mulleres nelas, por qué as latas non teñen data de caducidade ( só de consumo preferente) ou o último achado para conservar alimentos: uns envases de plástico feitos con materiais orgánicos procedentes de peixes.
Vimos unha oficina antiga chea de obxectos que agora non se usan doados por unha das primeiras familias conserveiras galegas, libros de contabilidade, cartas moi bonitas, máquinas das primeiras fábricas, distintos métodos para abrir latas, cadros moi modernos con temática mariña…

Foi unha saída moi completa e moi interesante.

OS ANIMAIS INVERTEBRADOS

Para saber máis ou repasar...



(Preme enriba dos carteis)

OS ARTRÓPODOS

OS INSECTOS

OS MOLUSCOS

EXPOSICIÓN DE CÓMICS


Durante esta semana e a próxima temos no colexio unha exposición na que podemos ver moitos cómics diferentes: clásicos, de superheroes, manga, de deportes e en diferentes idiomas. Forma parte das actividades que desenvolven o proxecto no que traballa todo o "cole" este curso.

VISITA DE ROQUE CAMESELLE



Roque Cameselle volveu ao colexio para explicarnos como se fixo a película de debuxos animados "O pequeno mago", da que é guionista e director. Foi un proceso moi complicado que durou cinco anos e no que traballaron máis de trescentos artistas debuxando os personaxes.

OS DEREITOS DOS NENOS E NENAS

Un día 20 de novembro do ano 1959 aprobáronse estes dereitos para tódolos nenos e nenas do mundo:



Se queredes escoitar as cancións que publicamos outros anos, premede AQUÍ


ANIMAIS VERTEBRADOS

Para repasar as características e as clases de animais vertebrados que estudamos na clase...

-------

VISITA DE MIGUEL PORTO



O venres visitounos Miguel Porto, 
que é un escritor e debuxante de cómics.





Explicounos paso a paso o proceso de creación dun cómic: 

Primeiro hai un elaborar un guión (este paso é moi importante), logo fanse os bosquexos dos debuxos, e despois se perfeccionan e completan. Por último  se entintan e finalmente se colorean. 

Como vedes non é tan sinxelo coma parece, pero tras escoitalo e ver algunhas das súas creacións todos e todas temos moitas ganas de empezar a crear as nosas historietas.


Así é como van cambiando os seus debuxos, 
pero ollo! xa sabedes que insistiu en que o primeiro é facer un guión.

Miguel Porto tamén traballa en "OINK", a revista do Xabarín Club. Na actualidade é a única revista publicada en galego para nenos e nenas de entre seis e quince anos. Sae tódolos 15 de cada mes e trae varias páxinas dedicadas ao cómic. Na biblioteca do colexio temos algúns exemplares pero, se vos interesa, podedes encontrala en calquer quiosco.


O PEQUENO MAGO


Onte visitounos o autobús que promociona a película "O pequeno mago". A película está dirixida por Roque Cameselle, que é de Tui e foi alumno do noso colexio. Roque prometeunos que virá outro día con máis calma para falar cos nenos e nenas. Na clase temos o libro no que se basa a película, que tamén foi escrito por Roque. Foi moi amable connosco e firmouno engadindo unha dedicatoria moi bonita. 
A película é de debuxos animados e estréase o venres día 15 en toda España. A historia que narra sitúase en Tui, polo que anímovos a que, se podedes, non deixedes de ir ao cine a vela. O ano pasado estivo nominada aos "Premios Goya" , gustou moito no Festival de Cine de San Sebastián e a súa banda sonora xa acadou varios premios.

Na clase estivemos vendo o "trailer". Se premedes na imaxe podedes velo de novo, coñecer os personaxes e descargar debuxos e xogos.

HISTORIAS DE TRADICIÓN ORAL

No mes de novembro hai unha semana dedicada ás historias de Tradición Oral. Antigamente a xente contaba moitas historias, relatos, contos... de forma oral, e así transmitíanse de xeración en xeración. Co tempo e según as persoas que as contasen, as historias ían cambiando, así que dunha mesma historia pode haber diferentes versións. 
Para recordar esas historias antigas viñeron ao cole varias avoas, que ademais foron profesoras durante moitos anos neste colexio aínda que agora xa están xubiladas. 
Os terceiros e os cuartos reunímonos na biblioteca con Mª Luisa que nos contou "O conto da cabra montesina" que é un dos máis famosos na tradición popular. Mª Luisa contounos a versión onde unha malvada cabra cómese a unha chea de xente e ninguén pode con ela ata que chega unha pequena formiga e atopa a forma de vencela. 
Despois veu Rogelia que nos cantou unha romanza. Unha romanza é unha historia de carácter sentimental que se relata cantando. Rogelia cantounos a titulada "A infanta do reino de Canela", onde unha princesa di que só se casará con quen lle traia un mirlo branco, que resulta case imposible de conseguir, pero aparece alguén que ten un.
As dúas historias encántaronlle aos nenos e as nenas, que non pestaneaban mentras escoitaban as andanzas da cabra ou sorprendíanse cunha canción que en realidade era un conto.


Cando remataron, os nenos e nenas pedían "outra", "outra", así que levaron o encargo de pedirlle aos maiores da súa familia que lles contaran historias doutros tempos e aprendelas de memoria para contalas a súa vez na clase. 
Hoxe xa escoitamos algunhas delas contadas por Daniela, Mateo, Martina, Víctor, Estela, Hugo, Santi e Melanie. Todos e todas foron aplaudidos con entusiasmo polos seus compañeiros/as.


MOITAS GRAZAS A TODOS !!!

CARRILANAS E MAGOSTO

A semana pasada suspendimos o magosto por culpa do mal tempo. Este luns gozamos dun día espléndido e, por fin, asamos as castañas. Previamente houbo o tradicional descenso de carrilanas que cada ano que pasa conta con maior participación de pilotos e con vehículos máis sofisticados. Coma sempre, pasámolo moi ben, sobre todo os/as que remataron a xornada negros/as  coma cinzas.




POSTRES DE OUTONO

Este venres houbo no colexio unha exposición de postres feitos con froitos do outono. O obxectivo era que os nenos e nenas colaborasen na elaboración deses postres e os compartisen cos seus compañeiros/as. Agradecemos a tódalas familias a súa participación nesta actividade. Coas receitas que viñan acompañando a cada postre farase un libro que estará na biblioteca do colexio a disposición de todos. 

Qué rico estaba todo! Para algúns foi moi difícil decidirse á hora de probar!

AS FUNCIÓNS VITAIS

As funcións vitais son a nutrición, a relación e a reprodución.
A función de nutrición consiste en conseguir enerxía e materiais para o corpo.
A función de relación permite relacionarnos co mundo en que vivimos.
A función de reprodución consiste en que os seres vivos teñen descendentes parecidos a eles.


--

OS SERES VIVOS

Aplicade todo o que sabedes na resolución destas actividades.

OS SERES VIVOS E OS SERES INERTES

Para repasar, ampliar ou comprobar ...