UN CÓMIC DE VÍCTOR COYOTE



Martina falounos dun dos traballos do seu tío Víctor, un artista polifacético,  máis coñecido polo nome de Víctor Coyote.

Trouxonos varios exemplares dunha colección de minicómics na que colaborou o seu tío. A colección chámase "Verde".

Ensinounos varios folios onde vimos os pasos que tivo que seguir: Primeiro fixo os debuxos a lapis sobre papel milimetrado e logo calcou os debuxos noutros papeis e pasounos a tinta.

Explicounos que os debuxos que aparecen no cómic son máis pequenos porque os reducen cando os imprimen.

Contounos tamén que unha ventaxa do cómic sobre as películas é que no cómic podes facer que pasen cousas incríbles sen ter que contratar a un equipo de efectos especiais. Por exemplo, él fixo que unha Zombie-Hippy voara por riba dun pantano. Só tivo que debuxala.

Os nenos e nenas da clase miraron con moita atención os bosquexos e os minicómics.