"KIRIKÚ E A BRUXA"




Participamos un curso máis no programa "O cine nas aulas", organizado polo servizo de drogodependencias do concello de Tui. Xuntámonos tódolos terceiros e cuartos para ver "Kirikú e a bruxa", unha película de Michel Ocelot que se acerca a realidade africana dunha maneira distinta, moi alonxada dos estereotipos que mostran a maioría das películas que falan deste continente. Ademais a partir dela pódense traballar aspectos tan importantes como a defensa dos dereitos non usando accións violentas. Cando se ten razón o mellor instrumento é o diálogo e poder chegar a acordos. Perder o control empeora sempre o conflito.