UN PARDAL NA CLASE

Empezamos o día cunha visita inesperada. Un pequeno pardal que entrou á vez que os nenos e nenas pola porta principal  e percorreu tódolos corredores do colexio ata chegar ata a nosa aula que está situada ao final da planta alta e asustado refuxiouse dentro dela. Intentando atopar a saída, polo camiño deuse varios golpes, así que como estaba aturdido déixose coller con facilidade. Puxémolo enriba dunha mesa  e sobre ela estivo un rato repoñendo forzas mentres era observado con atención por todos. Despois dun rato decidiu voar ata o planetario de Hugo e Guille que está colgado no teito. Abrímoslle unha fiestra para que saíse cando quixese pero debía estar a gusto connosco pois pasou unha hora enteira na clase. Agora era el o que observaba con atención aos nenos. Finalmente puxo fin á súa aventura voando lixeiro en busca de liberdade.