IMOS AO TEATRO

Aquí tedes as imaxes da obra representada onte polos nenos e nenas de 3ºC. 
Este era o argumento: Unha nena xoga cos seus amigos e logo cada un marcha para a súa casa. Esa noite é a noite de San Xoán que, como sabedes, é unha noite máxica. No ceo hai unha lúa preciosa que fai que os soños da nena se convertan en realidade. Así cobran vida moitos personaxes de contos que fan cousas que deben ser xulgadas por un tribunal e tamén polo público. Ao final todos saen co veredicto de inocentes pois aínda que intentaron facer algún tipo de mal, non o conseguiron e os perxudicados perdonáronos.



Tamén actuaron os nenos e nenas de 6º B que representaron o  famoso conto de Óscar Wilde: "O príncipe feliz". Nesta obra unha andoriña coñece a unha estatua que chora por non poder axudar. O paxaro reparte pouco a pouco as xoias coas que estaba adornada a estatua entre a xente que o está pasando mal. A andoriña morre por quedarse ao lado do príncipe pero grazas á xenerosidade dos dous moitas persoas poden resolver os seus problemas. Unha preciosa historia da que podemos aprender moito. Despois da obra os actores convertíronse en músicos e tocaron para todos nós.


Coma teloneiros destas actuaciones teatrais tivemos ao grupo que esta aprendendo a tocar a guitarra no colexio e que tamén o fixeron moi ben. Ademais como tocaron cancións moi coñecidas poidemos acompañalos cantando.


NORABOA A TÓDOLOS GRUPOS! 
SODES UNS AUTÉNTICOS ARTISTAS!