ANIVERSARIOS DE FEBREIRO

Este mes cumpriron anos ...




JULICA de 3ºB , ALEJANDRO e SARA de 3ºC.


 


 ..................................................................................................................................................................

DÍA DE ROSALÍA

No Día de Rosalía homenaxeamos á autora lembrándonos dela e da súa obra.

(Traballo feito polos nenos e nenas de 3 º C)



Vente rapasa,
vente, miniña,
vente a lavar
no pilón da fontiña.

   Vente, Minguiño,
Minguiño, vente;
douche si non
polo demo do dente.

 ¡Que augua tan limpa!
¡Que rica frescura!
Vente a lavar
que é un primor, criatura.

 Válganos Dios,
que si auguiña n'houbera,
lama este corpo
mortal se volvera.
    

Vinde a lavarvos,
andá lixeiriños,
a cara pirmeiro,
dimpois os peíños.

 ¡Ai!, ¡que miniña!
¡Que nena preciosa!
dempois de lavada
parese unha rosa.

 I este miniño
que teño no colo,
dempois de lavado
parece un repolo.

 ¡Ai!, ¡que tan cuco!
¡Ai!, ¡que santiño!
Ven ós meus brazos
dareiche un biquiño.


¡Olliños de groria!
¡Cariña de meiga!
¡Apértame ben,
corazón de manteiga!

 Corre, corre
a que Antona te peite,
corre, daráche
unha cunca de leite.

 Corre, corre
a teu pai, Mariquiña,
que come cebola
con pan e sardiña.



ROSALÍA 
DE CASTRO

E neste vídeo podemos escoitar aos nenos e nenas de 3ºC recitando a Rosalía.

O PEQUENO MAGO EN TUI

É hoxe. Se podedes ir, non vola perdades. Recordade que o seu director estivo no colexio falándonos de como fixo a película.


MENSAXES PARA ROSALÍA



Na clase escoitamos esta preciosa canción que Uxía dedica a Rosalía de Castro cando era pequena, e logo os nenos e nenas escribiron mensaxes para a escritora, tal como nos pediu Lúa.


Este é un exemplo dos sentidos mensaxes que escribiron:


UN CÓMIC DE VÍCTOR COYOTE



Martina falounos dun dos traballos do seu tío Víctor, un artista polifacético,  máis coñecido polo nome de Víctor Coyote.

Trouxonos varios exemplares dunha colección de minicómics na que colaborou o seu tío. A colección chámase "Verde".

Ensinounos varios folios onde vimos os pasos que tivo que seguir: Primeiro fixo os debuxos a lapis sobre papel milimetrado e logo calcou os debuxos noutros papeis e pasounos a tinta.

Explicounos que os debuxos que aparecen no cómic son máis pequenos porque os reducen cando os imprimen.

Contounos tamén que unha ventaxa do cómic sobre as películas é que no cómic podes facer que pasen cousas incríbles sen ter que contratar a un equipo de efectos especiais. Por exemplo, él fixo que unha Zombie-Hippy voara por riba dun pantano. Só tivo que debuxala.

Os nenos e nenas da clase miraron con moita atención os bosquexos e os minicómics.


O DISFRAZ DESTE CURSO



No Entroido disfrazarémonos dos personaxes do cómic de Charlie Brown. Aquí están os principais. Os que aínda non o tedes escollido tedes que ir decidíndovos.
Tamén necesitamos accesorios de béisbol, que é o seu deporte favorito. Os que teñades algún, ídeo buscando.


A ÁRBORE DO AMOR





Para celebrar o día de San Valentín a clase de 3ºC converteu a súa árbore da Paz na árbore do Amor. 




As pombas foron sustituidas por tarxetas con mensaxes para a familia, os amigos e amigas ou para algún/ha que outro/a namorado/a.


MURAL DE MORTADELO E FILEMÓN



Polos corredores do colexio están empezando a aparecer murais sobre distintos cómics.


Este  é o que fixeron os nenos e nenas de 3ºC.


Nel debuxaron a tamaño natural os personaxes do cómic sobre o que están traballando eles: os axentes secretos Mortadelo e Filemón.


Xunto aos protagonistas, falando da súa próxima misión, aparecen outros personaxes: o  Súper,  a señorita Ofelia e o profesor Bacterio.


Se queredes saber máis cousas sobre cada un facede clic AQUÍ.

A SARABIA

Pouco antes de entrar no colexio caeu sarabia, que como sabedes é chuvia conxelada que ten forma de grans máis ou menos grandes. Tamén se lle chama pedra ou pedrazo. Falamos dela cando estudamos as precipitacións. 
Neste vídeo podedes ver que é e como se forma.



Como estes días houbo moito vento e sei que vos interesan os tornados, podedes aprender máis cousas neste vídeo...



AS CAPAS DA TERRA E O TEMPO ATMOSFÉRICO

Aquí tedes máis información sobre as capas da Terra (as interiores e tamén as da atmósfera) ...






O tempo mídese con diversos aparatos... chamados instrumentos meteorolóxicos.









ACTIVIDADES SOBRE A PAZ



Ésta e á árbore de Nadal de 3ºC que se converteu na árbore da Paz, chea de mans e pombas portadoras de mensaxes positivos que reflicten os desexos dos nenos e nenas para mellorar a convivencia na escola e no mundo.




















Tamén na clase de 3ºC estiveron bucando nos xornais noticias relacionadas coa Paz e traballaron sobre elas.
Para finalizar a semana cunha actividade conxunta fomos o venres con todo o colexio á Area Panorámica. Polo camiño fixemos moito ruído coas LATAS que levábamos. Cando chegamos visitamos a exposición de murais que organizou a ANPA. Nós participamos nela cun traballo colaborativo de todo o segundo ciclo no que representamos unha gran marcha que levaba como "slogan" a palabra ÚNETE chea de símbolos relacionados coa Paz. Despois vimos unha obra de teatro titulada "A historia de Martín", na que o protagonista, un neno que se aburría na escola, atopou un lapis máxico co que conseguiu aprender moitas cousas de forma divertida. Algúns nenos e nenas puideron subir ao escenario e ser por uns minutos actores na obra. Cando rematou o espectáculo, unha representante da ANPA entregou un agasallo a cada clase por colaborar na exposición e, por último, a coordinadora da biblioteca fixo un sorteo entre os que acertaron as preguntas de Lúa e deu os premios. En terceiro tivo sorte Aarón de 3ºA que resultou ser un dos elexidos. Antes de saír fixemos o intercambio de latas e lemos as mensaxes que tiña cada unha.

O VOLCÁN



Aarón, na súa clase, quixo repetir o experimento do volcán que nos ensinaran os nenos e nenas de quinto curso e saíulle perfectamente.


Para saber máis sobre os volcáns podedes ver este vídeo....

NOVOS PLANETARIOS

Nas clases de 3ºA e 3ºC tamén investigaron sobre o Sistema Solar e estes son algúns dos seus traballos.