ANIVERSARIOS DE MARZO


Este mes cumpriron anos ...




AARÓN e LUCÍA de 3ºA,

 VÍCTOR de 3ºB , 

CARLOS E MATEO de 3ºC.


 
                  

 ..................................................................................................................................................................

OS MINERAIS

Cando miramos con atención as rochas podemos darnos conta de que están formadas de grans dunha ou varias cores. Son os minerais. Algunhas rochas están compostas por un só mineral e outras están compostas por varios.

Por exemplo, unha das rochas que máis abundan na nosa localidade é o granito, que está composta por tres minerais: cuarzo, feldespato e mica.

Lucas trouxo a súa colección de minerais: calcita, oligisto, limonita, pirolusita, azurita, aragonito, galena.... e puidemos comprobar que se diferenciaban pola cor, pola dureza e tamén polo seu brillo. 





CURIOSIDADE:

O mineral máis duro é o diamante. Por iso para fabricar ferramentas moi duras empréganse anacos de diamante. 

Por suposto, tamén con el fanse xoias moi fermosas.

LA PUBLICIDAD

Un anuncio publicitario es un mensaje que se realiza para dar a conocer un producto al público. En clase estuvimos observando sus partes y aprendiendo a leerlos de forma crítica. Después, en grupos diseñaron carteles en los que tenían que anunciar algo poniendo una marca, una imagen, un eslogan y las características principales de lo que querían publicitar.


Un gimnasio muy grande con buenos precios, una televisión en 3D con mil canales, un bajo que no para de tocar, un perfume "dulce y suave como la primavera", un juego con muchísimos accesorios, una carta con poderes, una nave espacial con un consumo mínimo para explorar el universo..... son las ofertas que tenemos hoy en el colegio. Casi todos los productos tienen grandes descuentos si sois los primeros en comprarlos

Están garantizados por....



DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES


O día 21 de marzo celebramos a entrada da primavera, o Día da Poesía e tamén o Día internacional dos Bosques.
E con árbores tan bonitas coma estas que fixeron con diferentes técnicas plásticas os nenos e nenas da clase, cheas de follas, de flores, ou de froitos, queremos ver os nosos bosques, porque tedes que saber que na actualidade o principal perigo para o futuro dos bosques é tamén o mesmo que pode facer máis para conservalos: o ser humano.
Recordade! É responsabilidade de todos e todas o seu coidado!

Na páxina  de  EDUFORES podedes aprender moitas cousas sobre os bosques, as fábricas de papel, a necesidade de reciclar..., facendo diversos xogos: crebacabezas, sopas de letras, actividades de pregunta-resposta, loitas contra o lume...


(Facede clic enriba)

DÍA MUNDIAL DA AUGA


Hoxe é o Día Mundial da Auga. Onte na clase recordamos unha vez máis a importancia que ten na nosa vida e a necesidade de mantela limpa. Na hora de plástica os nenos e nenas fixeron unha roda que, a través dunha ventá que xira, permite observar o ciclo da auga e os seus estados.  

DÍA DA POESÍA

En tódalas clases de terceiro levamos un tempo traballando sobre a auga e as paisaxes. Hoxe celebramos o Día Mundial da Poesía recitando poemas do libro "Farrapos de nube" de Xoán Neira, onde está presente, dunha forma diferente, moito do vocabulario que empregamos nas clases de coñecemento do medio: chaira, val, fraga, montaña, vento, nubes, chuvia, illas, ondas, praia...

APRENDEMOS CON ÓSCAR

Óscar é unha persoa invidente que hoxe estivo connosco falándonos de como é a súa vida diaria. Trouxo con el a Geón, un can labrador que lle axuda a guiarse sempre que sae da casa. Geón é supertranquilo e superobediente, aínda que Oscar contounos que ten que estar moi concentrado para facer ben o seu traballo, polo que nunca se debe de chamar a súa atención ou acariñalo sen permiso do seu dono. Óscar tamén nos ensinou como usa o bastón e deixou facer prácticas con el a algúns nenos e á profe Meli. Tamén nos falou de como poden recoñecer a cor dun rotulador co olfacto ou a cor da roupa cun aparello que fala, de como o teléfono móvil e o ordenador recoñecen a súa voz, de como son os contos para nenos e nenas cegos, de como é capaz de distinguir as distintas moedas e billetes, de como pode facer deporte ...., e, por suposto, contestou numerosas preguntas sobre como fai para vertirse, cociñar, comprar, etc.  Unha interesantísima clase e unha gran lección de superación das dificultades e de autonomía. Moitas grazas Óscar por vir e compartir a túa experiencia!


AS ILLAS CÍES


Esta fin de semana pasada Martina  tivo ocasión de visitar as Cíes e gozou dunha paisaxe espectacular. Na clase contounos o que observou no relevo destas preciosas illas mentres facía unha das rutas de sendeirismo e as cousas que foi aprendendo gracias a un monitor que lles fixo de guía. 


As illas Cíes forman parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas, o que quere dicir que , ao igual que no parque natural do monte Aloia, a paisaxe, a fauna e a flora están protexidas.


Os que aínda non as coñecedes en persoa, disfrutade deste vídeo.

O RAPOSO E A MESTRA




"O raposo e a mestra" é un libro que estamos lendo en tódalas clases do segundo ciclo. 

O autor é Manuel Rivas que volve con este libro á literatura infantil, as ilustracións son de Jacobo Fernández Serrano e está editado por Xerais, na colección Sopa de Libros.

O protagonista chámase Pindo, en homenaxe ao monte Pindo que desgraciadamente ardeu o verán pasado. 

É un raposo que coñece tódalas linguas e ten o poder de hipnotizar cos seus ollos, aínda que acaba el mesmo sendo hipnotizado por unha mestra, á que escoita tocar o piano e cantar en galego.

A semana pasada tivemos un encontro co ilustrador, a quen nos interesaba moito coñecer porque  fixo os debuxos de cada capítulo a modo de cómic e non coma adoita ser normal neste tipo de libros. Reunímonos con el no salón de actos e explicounos como fai o seu traballo. Logo debuxounos a Pindo  e firmounos os libros.


Moitas grazas pola visita!!!

Máis fotos aquí...

AS CANCIÓNS DE PINDO

Cando Pindo hipnotizaba ás galiñas ou ao can facíaos cantar noutros idiomas ou el mesmo burlábase cantando ou bailando ao son de músicas propias doutros países.

Aquí tedes un vídeo de Mara e Sara tocando coa guitarra a canción francesa acompañadas dos nenos nenas das clases de 3º e 4º.



Para os que non a saben temos esta versión coa letra.

Esta é a canción que cantaba Pindo en inglés.







E esta é unha versión da que cantaba en alemán e que nos leu Julica.










Santi leunos a canción italiana:

Il cavallo del bambino
va pianino, va pianino...

...pero non atopamos ningún vídeo onde poidamos escoitala de novo.






Por último, a canción que sempre oía Pindo, agochado entre os xuncos, mentres observaba ás mulleres redeiras, e a que tocaba Rosa, a mestra, ao piano e que consegueu xunto coa súa mirada que o raposo caese amodiño na alfombra e durmise hipnotizado pola luz dos seus verdes ollos.
Están cantadas polo grupo "A banda dos cueiros" para un grupo de nenos e nenas de Gondomar que tamén leron coma nós este precioso libro. Animádevos e cantade con eles!

TIPOS DE PAISAXES

Estamos traballando sobre os tipos de paisaxes. Daniela e Estela fixeron  unhas pequenas maquetas con plastilina. Daniela móstranos unha paisaxe natural de interior e Estela unha paisaxe coa presenza dunha casa, unha estrada, un coche... elementos que a converten nunha paisaxe humanizada.



OS XORNAIS

Esta é a Semana da Prensa e aínda que utilizamos periodicamente os xornais na clase, estes días dedicarémoslle unha atención especial.

http://dl.dropboxusercontent.com/u/50994681/prensa/lim.swf?libro=prensa.lim



QUE PASA SE CONXELAMOS UN OVO?


A semana pasada Gael encheu unha botella de plástico con auga  e meteuna no conxelador. Como a encheu ata case o bordo a botella deformouse, e na clase era imposible que estivese dereita. Co seu experimento comprobamos que no proceso de conxelación a auga aumenta o seu volume. Hugo preguntou que pasaría se conxelásemos un ovo: romperíase ou non?. Julica esta fin de semana decidiu facer o experimento. Efectivamente a casca rompe pola presión da clara que aumenta de volume. Julica continuou o experimento pelando o ovo e volvendo a metelo no conxelador. Hoxe vimos o aspecto do ovo conxelado e como ao estar na clase e polo efecto do calor a clara e a xema volvían ao estado líquido, aínda que despois dos procesos de conxelación e fusión estaba diferente a como é un ovo recén aberto.

ASÍ CELEBRAMOS O ENTROIDO

O xoves día 27 o colexio permitiu que cada un viñese disfrazado como quixera. Nas clases de terceiro improvisamos un pequeno desfile polo noso corredor que podedes ver neste vídeo.


E o venres día 28 foi o día en que todos se disfrazaron por grupos de personaxes de cómic. Como choveu non puidemos saír polas rúas de Tui, pero si que desfilamos polo patio do cole para que nos vesen as familias que se acercaron ata o centro. Tintín, Mafalda, Pitufos, Zipi e Zape, Superman, Batman e outros Superheroes invadiron o colexio e derrocharon superpoderes e alegría.


Por suposto tamén estaban Astérix, Obélix e demais galos, Charlie Brown e Snoopy coa súa pandilla de amigos e amigas xogadores de béisbol, e Mortadelo e Filemón e outros integrantes da T.I.A.



Este día de festa completouse cunha estupenda "cuchipanda" de postres típicos da época e unha sesión de danza xunto a tres bailarinas brasileiras coas que o pasamos moi ben. Neste vídeo podedes ver un anaco da "marcha" que había no salón de actos.

EXPERIMENTOS SOBRE OS CAMBIOS DE ESTADOS DA AUGA

A auga cambia de estado ao aumentar ou ao disminuir a temperatura. Cada cambio chámase dunha maneira diferente: fusión, evaporación, condensación e solidificación.

Alejandro e Víctor contáronnos moi ben en que consiste cada un destes cambios.


Christian, Gael, Julica e Martina tamén fixeron experimentos de solidificación metendo auga no conxelador da súa casa e na clase puidemos ver como se derretía o xeo ( proceso de fusión ).


Guille, Hugo e Kawtar faláronnos dos experimentos que fixeron sobre a evaporación e a condensación.







Noelia fixo outro experimento sobre a evaporación. Ela botou sal nun prato e esperou varios días a que se evaporase totalmente, comprobando que a sal quedaba no prato. 


Este experimento sérvenos para explicar porque a auga da chuvia é doce, aínda que proceda dos océanos.


O proceso é o mesmo que o que fixo Noelia: o Sol evapora a auga, pero a sal queda no mar. Desta maneira, a auga da chuvia sempre é doce.








Lucas e Santi conxelaron auga doce e auga salgada e gravaron un vídeo para ver cómo se desconxelaban. 
Acordádevos das diferenzas? Se queredes, podedes velo de novo. 




MOITAS GRAZAS A TODOS E A TODAS!!!

EXPERIMENTOS SOBRE O CICLO DA AUGA

A semana pasada estivemos facendo experimentos na clase.



Melanie e Olivia trouxeron un termo con auga quente e unha neveira portátil con cubiños de xeo. Con eles demostráronnos de forma práctica o que sucede na natureza: que a auga do noso planeta está en continuo movemento. O seu percorrido recibe o nome de ciclo da auga.

Na imaxe de abaixo tedes as viñetas que debuxaron coa explicación, por se queredes repetilo na casa, e as fotos onde se ve como o xeo cambia de estado dentro da botella ao aumentar a temperatura e como o vapor de auga que sae do vaso ao enfriarse forma gotas arredor que, cando son suficientemente pesadas, terminan por caer.



Daniela, Estela e Maya fixeron o mesmo experimento pero co xeo picado e trouxeron un mural no que explicaban o proceso e incluían fotos das probas que fixeron xuntas na súa casa.


MOITAS GRAZAS ÁS CINCO!!!

Nos próximos días iremos publicando os experimentos que fixeron outros nenos e nenas da clase.