ANIVERSARIOS DE ABRIL

Este mes cumpriron anos ...



LARA e SONIA de 3ºA,

NEREA de 3ºB  

e GUILLE de 3ºC.



 
                  

 ..................................................................................................................................................................

SAÍMOS NO "FARO"


Hoxe saiu publicada a foto da nosa visita ao xornal Faro de Vigo.

PARA SABER MÁIS SOBRE OS CÓMICS

Estes enlaces axudaranvos a facer mellor os traballos que tedes que facer sobre o cómic.






CON ACENTO NORTEAMERICANO


Hoxe estiveron na aula, Kyle, o noso auxiliar de conversa, e o seu amigo Mike, que, coma el, é de Ohio. Os dos acompañaron a Xurxo durante a hora de inglés. Logo Mike, que xa se volve aos EEUU fíxose unha foto coa clase.

VERMES DE SEDA NA CLASE

Chegou a primavera e con ela  iníciase un ano máis o ciclo de vida dos vermes de seda.

Desde principios de mes témolos na clase. 
Eran moi pequenos e de cor escura.


Dez días despois xa miden 7 mm e empezar a cambiar de cor.

VISITA AO XORNAL FARO DE VIGO

Este mércores pasado tamén visitamos as instalacións de Faro de Vigo e coñecemos de primeira man o funcionamento do diario decano da prensa nacional.
En Faro de Vigo traballan moitas persoas, pero non todas son xornalistas; moitos traballan na administración, na impresión ou na distribución.
Na redacción vimos algunhas persoas facendo o seu traballo, pero o normal é que o fagan polas tardes, aínda que o seu horario depende da actualidade. Aquí ensináronnos como maquetaban, que era un tema que nos interesaba moito.
Noutra sala faláronnos dos ingresos que teñen por publicidade. As tarifas de anuncios son moi diversas e aínda que nos preguntaron canto pensabamos que valía unha páxina impar a cor, quedamos moi lonxe do que custa realmente. Tamén nos falaron das distintas edicións territoriais, das delegacións coma a que temos en Tui e do xornal dixital.
Nun vídeo fixeron un repaso da súa historia: máis de 150 anos.
Despois fomos á rotativa que é a máquina para imprimir os xornais.
Antes parámonos na sala de pre-impresión, lugar onde reciben os arquivos electrónicos da redacción cos textos, fotografías, gráficos e publicidade. Alí fanse unhas pranchas (láminas de aluminio do tamaño dunha plana aberta) reproducindo as páxinas do xornal. Unha vez elaboradas móntanse na rotativa para imprimilas.
Unha rotativa mide case a altura equivalente a un edificio de catro pisos e pode imprimir 30.000 exemplares por hora. Os rolos de papel eran enormes. Pesan preto de 1.500 quilos e a súa lonxitude é de 20 quilómetros. Tamén nos ensinaron o sistema que teñen para movelos a pesares de ser tan grandes.
Unha vez rematada a impresión nos rolos, o papel vaise dobrando sobre si mesmo ata chegar á unha máquina que corta cada exemplar. Logo un sistema de pinzas recolle cada xornal e lévao a outras zonas para empezar a distribución.
Agora sabemos moitísimo máis sobre os diversos traballos necesarios para facer un xornal.
Non vos esquezades que a nosa visita sairá publicada o día 29 de abril!!!


VISITA AO MUSEO MEIRANDE

Hoxe estivemos no Centro de Interpretación da Batalla e o Patrimonio Cultural de Rande, tamén chamado  Museo  Meirande. Está situado na enseada de San Simón, na coñecida "fábrica do alemán" ou conserveira Boyé.
Ten varias salas que fomos recorrendo cunha guía que, de forma moi didáctica, nos situou na época na que se desenvolveu a mítica Batalla de Rande, mentres observábamos, entre outras cousas, maquetas de galeóns dos dous bandos.
A historia conta que galeóns españois cargados co maior envío que se coñecía de tesouros procedentes de América e protexidos por navíos franceses ían rumbo a Cádiz pero ao enterarse de que alí estaban os ingleses e holandeses, naquel momento inimigos nosos, decidiron refuxiarse na ría de Vigo. Era o día 23 de setembro de 1702. Os ingleses e holandeses cando volvían a súa terra enteráronse da súa situación grazas a un barco de pesca portugués e decidiron atacar. Como eran moitos máis e ademais eran barcos de guerra non lles foi difícil loitar contra os barcos  españois. Os anglo-holandeses leváronse varios barcos apresados, entre eles un galeón español que suponse que estaba cargado cos moitos tesouros. Á súa saída da ría de Vigo, este galeón encallou ao paso polas Illas Cíes e afundiuse sen que ninguén conseguise ata agora localizalo.
A seguinte sala é a máis espectacular, porque recrea o interior dun barco, tanto a parte onde estaban situados os canóns coma a sala de navegación onde ía o capitán. Tamén en paneis virtuais falan os xenerais contrincantes na batalla e outros personaxes da época.
Noutra sala fixeron unha recreación da boega do barco. Nela hai unha réplica exacta dun lingote de prata e paneis expoñen as madeiras empregadas para os galeóns.
Outra sala é interactiva e os nenos e nenas puideron xogar facendo puzzles dos vestidos dese tempo ou elixir alimentos na ruleta de comidas.
Na última sala faláronnos dos pecios que hai aínda no fondo da ría de Vigo, dos cazatesouros, e tamén do escritor Xulio Verne que fixo que o capitán Nemo, o protagonista de “20.000 leguas de viaxe submarino” estivese co Nautilus collendo ouro procedente desta batalla. E os que quixeron probaron unha escafandra e unha bota de buzo antigo.


(Para recordar podesdes ver o vídeo e facer estas actividades)
 http://dl.dropboxusercontent.com/u/15148914/LIM%20SOBRE%20LENDA%20DE%20RANDE/edilim_gz/rande.html

O CONCELLO

A ver se acertades todas as preguntas!

A LONXITUDE

Actividades para practicar na casa.

TEATRO EN INGLÉS



Hoy nos visitaron Lena y Greta que forman parte de Gangayi Theatre, un grupo que se dedica a hacer representaciones artístico-educativas.

"Troube in the jungle" (Problemas  en la selva) es el título de la obra de teatro que vimos, en la que, además de la narración de un cuento, hubo música, marionetas y canciones.

El argumento era el siguiente: un pequeño mono, llamado Kumki, y su amiga, la leona Kumbita, tienen que ayudar a resolver un importante problema que sucede en la selva porque el gorila Billy molesta constantemente a los demás animales con su comportamiento agresivo.

Durante la representación se trabajó vocabulario (colores, animales, frutos, posiciones, tamaños, etc), gramática, expresión y comprensión oral.... y se cantó mucho. Fue una obra pensada para aprender, para participar y para disfrutar ...  y por eso lo pasamos muy bien.

Aquí tenéis un vídeo con algunos de los momentos que compartimos cantando juntos y el final de la obra donde se hizo un repaso de la historia.

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL


Con este slogan "SEGUIDE LENDO" celebramos o Día do Libro Infantil e Xuvenil. Cada letra foi feita por grupos de alumnos/as de cada un dos colexios e institutos de Tui en carteis xigantes e hoxe estaban todas expostas no claustro da Catedral que foi onde nos reunimos para intercambiar libros e actividades relacionadas co mundo da lectura.

ROCHAS E MINERAIS





Estela, Melanie e Julica tamén quixeron compartir cos seus compañeiros/as algúns minerais que tiñan na casa ou que atoparon nas saídas que fixeron coas súas familias durante a fin de semana. 

Por iso na clase seguimos observando atentamente e intentando distinguir as características de cada un.

Unha delas é a forma de romperse. Por exemplo, a mica desfaise en láminas delgadas e paralelas. Sen embargo o cuarzo rómpese en anacos irregulares.

Facer unha colección de rochas e minerais é unha actividade entretida da que podedes aprender moito, sobre todo se ao lado de cada peza poñedes unha tarxeta co nome e as principais características.