ANIVERSARIOS DE MAIO

Este mes cumpriron anos ...



CAROLINA e DAVID de 3ºA,

KAWTAR de 3ºB e

 AMAIA, ELENA E MARTÍN de 3ºC.  


 
                  

 ................................................................................................................................................................

UN PARDAL NA CLASE

Empezamos o día cunha visita inesperada. Un pequeno pardal que entrou á vez que os nenos e nenas pola porta principal  e percorreu tódolos corredores do colexio ata chegar ata a nosa aula que está situada ao final da planta alta e asustado refuxiouse dentro dela. Intentando atopar a saída, polo camiño deuse varios golpes, así que como estaba aturdido déixose coller con facilidade. Puxémolo enriba dunha mesa  e sobre ela estivo un rato repoñendo forzas mentres era observado con atención por todos. Despois dun rato decidiu voar ata o planetario de Hugo e Guille que está colgado no teito. Abrímoslle unha fiestra para que saíse cando quixese pero debía estar a gusto connosco pois pasou unha hora enteira na clase. Agora era el o que observaba con atención aos nenos. Finalmente puxo fin á súa aventura voando lixeiro en busca de liberdade.


NOVAS TAREFAS

As tarefas que escolleron Martina, Kawtar e Julica teñen relación as tres coas pinturas.




                      Kawtar experimentou con ceras e auga.







                                     Martina fixo mesturas de cores con témperas.





Julica explicounos por qué é imposible pintar un bloque de xeo.











As tres prepararon os materiais necesarios e falaron de forma clara e sinxela ao expoñer os pasos que que hai que seguir en cada caso. 

DESPEDIDA DE KYLE


Hoxe despedímonos de Kyle, o noso auxiliar de conversa, que volve ao seu país (EEUU) depois de estar connosco todo este curso axudando a falar mellor en inglés. Desde aquí desexámoslle unha boa viaxe e... 

PLANIFICAMOS UNHA TAREFA

Antes de iniciar unha tarefa debemos:
. Facer unha lista con todo o que fai falta.
. Localizar e facernos con aquilo que non temos.
. Poñer todos os materiais necesarios a man.

Cando explicamos unha tarefa debemos:
. Expoñer os pasos que temos que dar de forma ordenada.
. Ser sinxelos nas explicacións.
. Falar de forma clara.


Estas son as tarefas que escolleron algúns nenos e nenas da clase...






COMO INFLAR UN GLOBO SEN SOPRAR (Santi, Hugo e Guille).                                                                                                                          Materiais: 
. vinagre
. bicarbonato
. unha botella   
. un globo







PASOS:                                                                     1º Botar un pouco de vinagre na botella.       2º Botar no globo un pouco de bicarbonato. 
3º Colocar o globo sobre a boca da botella e dar a volta para que o bicarbonato caia dentro. 
                               
Resultado: A reacción química que se produce no interior da botella fai que infle o globo.                                                  
PRECAUCIÓN
O globo pode estoupar se a presión é moi grande. Mellor non poñer moito vinagre.  






COMO ATRAVESAR UN GLOBO CUN PAO SEN QUE ESTOUPE.                                               
  
 Materiais (Hugo e Guille):   
. un globo
. un pao


PASOS:                                                                   1º Inflar un globo e atalo.
2º Facer un belisco e intoducir con coidado o pao. 








 Materiais (Lucas):   
. un globo
. un pao
. aceite
. algodón

PASOS:                                                                   1º Inflar un globo e atalo.
2º Mollar o algodón en aceite e frotar o pao.
3º Cravar a modiño o pao no globo cerca do nó e traspasalo. 





COMO FACER QUE DESAPAREZA UNHA CAPA DE LÍQUIDO (Estela).                                                                                                                          
 Materiais: 
. un recipiente con tapa
. auga
. aceite   
. alcohol

PASOS:                                                                   1º Poñer no recipiente auga ata a metade.
2º Engadir un pouco de aceite.
3º Engadir un pouco de alcohol. 
4º Cerrar a tapa e axitar. 
Resultado: A capa de alcohol que estaba enriba desaparece ao mesturarse coa auga. Agora queda enriba a capa de aceite.  

ARCO DA VELLA CASEIRO (Daniela).                                                                                Materiais: 
. un CD vello
. cartón
. cinta adhesiva   
. tesoiras e lanterna

PASOS:                                                                   1º Facer unha raia coa tesoira no CD pola parte de prata.
2º Coa cinta adhesiva quitar esa parte pegando e despegando.
3º Cortar dous círculos do tamaño de centro do CD. 
4º Pegar os círculos de cartón no CD.
5º Coa lanterna alumear pola parte de atrás e observar como no Cd saen as cores do arco da vella. 


BROCHES E PULSEIRAS

                                                                                  Materiais
Julica
Víctor
Olivia
. unha chapa
. un imperdible
. papel e lapis   
. cores
. pegamento

. corenta gomas
. dous lapis
. un gancho

. pasta de modelar
. un imperdible
. instrumentos para     facer marcas
                                                                                   PASOS:
1º Cortar un círculo de papel e pintar unha bolboreta.
2º Pegar a bolboreta nunha chapa.
3º Recortar tres tiras de papel. 
4º Pasar esas tiras polo imperdible.
5º Pegar as cintas na chapa.
1º Coller corenta gomas de cores.
2º Coller os dous lapis.
3º Poñer unha goma en forma de oito. 
4º Poñer unha normal, logo outra en forma de oito e subir a de abaixo.
5º Poñer un gancho e unir as gomas.

1º Facer un triángulo para o vestido.
2º Facer dous churros para as pernas e un buraco no vestido para introducilas nel. Facer os zapatos.
3º Facer dous churros para os brazos modelando nun extremo as mans. Pegalos ao vestido.
4º Facer unha esfera que será a cabeza e poñerlle   ollos, nariz, boca e pelo.
5º Facer o sombreiro da pitufina.
6º Poñer o imperdible por detrás.

BIG RIDE EN TUI


Esta fin de semana vaise celebrar unha proba de Big Ride  no monte Aloia. Guti Martín, director do Big Ride Tui e organizador do evento, veu ao noso colexio acompañado de Rubén Rodríguez, o "rider" local e de Ben Cruz (californiano) e François Bailly (francés), dous destacados deportistas a nivel mundial. Faltou á cita o campión do mundo e favorito, Jerome Clementz, porque neste momento está lesionado e desgraciadamente non poderá participar. Entre todos explicáronnos en que consiste este deporte, cal é o material que se precisa para practicalo e responderon as numerosas preguntas dos nenos e nenas. Hai que destacar que dado que Ben e François non falan nin galego nin español a maioría das preguntas fóronlle feitas en inglés, unha excelente oportunidade para desenvolver a competencia lingüística neste idioma.


Ao final os de terceiro e cuarto fixemos unha foto cos deportistas e gravamos unha mensaxe desexando a Jerome que se recupere canto antes.

VERMES DE SEDA


Os nosos vermes de seda, despois de visitar varias casas, xa cambiaron varias veces de muda e medraron moito porque non paran de comer follas de moreira. 

(Premede neste enlace para ler un pequeno conto sobre a vida dos vermes de seda.)

Hoxe levamos unha sorpresa. O primeiro verme empezou a facer o casulo. Cando volvamos a velo será unha bolboreta.

"KIRIKÚ E A BRUXA"




Participamos un curso máis no programa "O cine nas aulas", organizado polo servizo de drogodependencias do concello de Tui. Xuntámonos tódolos terceiros e cuartos para ver "Kirikú e a bruxa", unha película de Michel Ocelot que se acerca a realidade africana dunha maneira distinta, moi alonxada dos estereotipos que mostran a maioría das películas que falan deste continente. Ademais a partir dela pódense traballar aspectos tan importantes como a defensa dos dereitos non usando accións violentas. Cando se ten razón o mellor instrumento é o diálogo e poder chegar a acordos. Perder o control empeora sempre o conflito.

NOVOS RELOXOS

Seguimos observando reloxos distintos. Esta vez Martina trouxo un de area que utiliza nun xogo de preguntas e respostas e comprobamos que dura un minuto; Mateo trouxo dous reloxos: un coas horas en inglés e un despertador que se poder ver a escuras porque os números brillan. E Julica a quen lle gusta moito realizar experimentos decidiu debuxar un reloxo nun globo e  facer que soase unha alarma á hora que decidisen os compañeiros. A alarma, por suposto, era o estoupido do globo.

ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS

Celebramos o Día das Letras Galegas asistindo á representación da historia de Caraporquiña Vermella contada por uns divertidísimos monicreques. Tamén escoitamos a biografía de Xosé María Díaz Castro e varios dos seus poemas recitados polos nenos e nenas de sexto.


LETRAS GALEGAS

Este ano o Día das Letras Galegas, que será o próximo sábado, está dedicado ao poeta Xosé María Díaz Castro. No colexio García Barbón de Vigo fixeron este vídeo para que coñezades mellor ao escritor.


E agora ... a comprobar o que sabedes xogando con este BRINCALETRAS.

MONEDAS Y BILLETES


Hace unos días Estela nos enseñó monedas españolas antiguas y billetes de otros países. 
Ahora ya estamos trabajando con los actuales de la Unión Europea: los euros.



Para repasar lo aprendido.
(Pulsa encima de la imagen)

MÁIS TIPOS DE RELOXOS

Gael, Lucas, Maya e Noelia foron os encargados hoxe de falar dos reloxos. Aínda que todos seguen tendo a función de medir o tempo, cada un ten características propias: poden ser sumerxibles, poden ter unha pequena ventá para que se vexa o día no que estamos, poden ser decorativos ou ... poden ter un "truco", como o de Gael, para saber á vez a hora analóxica e a hora dixital. Canta variedade!!! Moitas grazas aos catro!


Máis exemplos de reloxos ...

 De campanario                                                 De cuco                                                   Reloxo xoia     


                                                               RECORDADE