FESTA FIN DE CURSO

O último día de clase a ANPA organizounos unha festa na que houbo inchables, obradoiros de maquillaxe, tatuaxes e antifaces, busca de tesouros e baile. Tivemos un día estupendo e todos e todas pasárono moi ben. Despois fixemos unha "cuchipanda" e sesión de cine e xogos. Aquí tedes algunhas fotos desta xornada festiva que rematamos cunha gran aperta colectiva pois pasarán dous meses ata que volvamos a estar todos xuntos. Feliz verán !!!!


ANIVERSARIOS DE XUÑO

Este mes cumpriron anos ...

DAVID e YOUSSEF de 3ºA,



ALEJANDRO, CHRISTIAN e HUGO de 3ºB  


e AARÓN e IARA de 3ºC.


 
                  

 ................................................................................................................................................................

AUTORRETRATOS

O último traballo de plástica foi facer un autorretrato. En tódolos debuxos aparece un gran sorriso. Será que xa estaban pensando nas vacacións...

(Pulsa enriba da imaxe para vela máis grande)

UNHA DE ROCK AND ROLL!!!

En agradecemento ás visitas e actuacións dos diversos grupos de cuarto curso, os nenos e nenas da clase bailaron para eles este rock and roll que prepararon con Patri, a profe de música.


Que marchosos! Con dez anos máis ides ser os reis e raíñas das discotecas!

INTERCAMBIO DE ACTIVIDADES

Un grupo de nenos e nenas de cuarto curso viñeron á nosa clase a explicarnos como traballaron cos corpos xeométricos. Foi unha boa maneira de repasaren todos xuntos o que aprendemos sobre xeometría.



Outro grupo de cuarto invitounos e escoitalos interpretar "Frére Jacques" na clase de música.



Moitas grazas a todos!

ÚLTIMAS LIÑAS DO TEMPO


Na liña do tempo de Guille o movemento é o protagonista. Desde que aprendeu a andar o deporte forma parte da súa vida e cada ano practica un novo. Como todos lle gustan non se da decidido por ningún. Na actualidade xoga ao fútbol no Tide.


Aínda que Olivia xa leva tempo vivindo en España contounos cousas que recorda do tempo pasado en Londres, o lugar onde naceu. Tamén nos falou da súa familia, da primeira vez que montou en bici e de cando estivo esquiando na neve. 


Gael seleccionou varias fotos de cada un dos anos da súa vida e foinos contando un montón de cousas relacionadas co xogos cos que se divirte desde que era ben pequeno.


Maya fixo un mural onde puxo fotos do seu nacemento e do seu primeiro aniversario, da escola, dun viaxe en avión ata Tenerife e, por suposto, do seu deporte favorito: o balonmán.

IMOS AO TEATRO

Aquí tedes as imaxes da obra representada onte polos nenos e nenas de 3ºC. 
Este era o argumento: Unha nena xoga cos seus amigos e logo cada un marcha para a súa casa. Esa noite é a noite de San Xoán que, como sabedes, é unha noite máxica. No ceo hai unha lúa preciosa que fai que os soños da nena se convertan en realidade. Así cobran vida moitos personaxes de contos que fan cousas que deben ser xulgadas por un tribunal e tamén polo público. Ao final todos saen co veredicto de inocentes pois aínda que intentaron facer algún tipo de mal, non o conseguiron e os perxudicados perdonáronos.



Tamén actuaron os nenos e nenas de 6º B que representaron o  famoso conto de Óscar Wilde: "O príncipe feliz". Nesta obra unha andoriña coñece a unha estatua que chora por non poder axudar. O paxaro reparte pouco a pouco as xoias coas que estaba adornada a estatua entre a xente que o está pasando mal. A andoriña morre por quedarse ao lado do príncipe pero grazas á xenerosidade dos dous moitas persoas poden resolver os seus problemas. Unha preciosa historia da que podemos aprender moito. Despois da obra os actores convertíronse en músicos e tocaron para todos nós.


Coma teloneiros destas actuaciones teatrais tivemos ao grupo que esta aprendendo a tocar a guitarra no colexio e que tamén o fixeron moi ben. Ademais como tocaron cancións moi coñecidas poidemos acompañalos cantando.


NORABOA A TÓDOLOS GRUPOS! 
SODES UNS AUTÉNTICOS ARTISTAS!

SOÑAR NON CUSTA NADA






Este é o cartel que fixeron os nenos e nenas de 3ºC para anunciar a obra de teatro que van representar o luns e o martes. 


Nós xa temos reservados os asentos no Salón de Actos para a primeira representación e todos e todas estamos desexando velos en acción.


EXPO-CÓMIC

Empezamos o proxecto do cómic cunha exposición e rematamos con outra, ... pero esta vez os autores e ilustradores son os nenos e nenas do colexio.


Com non podía ser doutra maneira, fixemos unha "hora de ler" escollendo entre os moitos cómics que había e desfrutando xuntos das creacións dos nosos compañeiros/as.


LIÑAS DO TEMPO


Daniela fixo a súa liña do tempo cunha foto da súa mamá embarazada, outra do día do seu nacemento, outra aos tres meses disfrazada, outra dos seus primeiros pasos ( tiña un ano), dúas fotos do colexio (unha empezando Infantil e outra empezando Primaria) e rematou cunha foto actual.


Gabriel puxo unha foto de cando era bebé, outra de cando empezou o colexio aos tres anos, e, como lle gustan as consolas, elexiu dúas de cando foi agasallado cunha Wii  ou cunha PSP.


Mateo trouxo unha placa cos seus datos que ten desde que naceu e fixo un mural onde puxo fotos de cando era bebé sentado na trona, dos seus primeiros pasos, co seu curmán, das primeiras festas de pascua, aprendendo a andar en bici, de paseo polo monte, en varios aniversarios e disfrazado de "Incrible".


Víctor elexiu fotos de cando era bebé, do seu primer aniversario, do seu primeiro paseo en bici, do seu primeiro día de praia, das súas primeiras vacacións e de cando empezou a ir ao colexio.



LIÑAS DO TEMPO PERSOAIS


Julica fixo unha liña do tempo tan longa que tivo que explicala coa axuda de dúas compañeiras para que puideramos vela ben. Elexiu fotos do día do seu nacemento, da súa avoa, das súas dúas irmás maiores, dun dos seus aniversarios, dun día de praia e dunha "travesura": o día que, sendo máis pequena, lle deron un bote de crema para protexer a pel ... e ela botoulla ao chan. 


Santi ensinounos moitas cousas: a pulseira que lle puxeron ao nacer, un documento onde lle dicían aos seus pais que o seu bebé (ou sexa Santi) estaba ben, os billetes de avión que usou para ir  xunto da súa familia de Madrid, a primeira peza de roupa que lle compraron antes de que nacera... E contounos moitas anécdotas  da súa vida mentras explicaba os comentarios que escribiu para as fotos que puxo no seu mural.


 Melanie tamén trouxo unha peza de roupa ( a súa saia preferida cando tiña tres anos ), e fixo un mural con fotos da súa familia  que estaba moi feliz de coñecela. No seu relato contounos as viaxes que fixo a Colombia, o país da familia da súa nai. Xa estivo alí tres veces e recorda habelo pasado moi ben nun parque acuático. Outra foto que destacou foi a dunha das súas monecas e a dun canciño dunha amiga.



Hugo fixo unha liña do tempo con bonitos debuxos que representaban os  seus primeiros pasos, a caída do primeiro dente aos catro anos e medio, cando conseguiu andar en bici sen rodíns, que foi aos cinco anos... Pouco despois empezou a xogar ao fútbol  e como é bo deportista enseguida gañou un trofeo coma porteiro. 

AS PRIMEIRAS BOLBORETAS

Hoxe cando chegamos á clase encontrámonos con dúas compañeiras novas: as primeiras bolboretas.
Unha delas non se separou do casulo de onde saíra, pero a outra atreveuse a explorar un pouco e acomodouse finalmente nunha esquina da caixa.

LIÑAS DO TEMPO DA HISTORIA PERSOAL

Os nenos e nenas da clase estiveron elaborando liñas do tempo sobre a súa historia persoal. Para facela tiñan que elexir momentos importantes da súa vida e ordenalos.  Acudir ás fontes de información oral (os familiares) e as fontes escritas, materiais ou gráficas era imprescindible para realizar este traballo.

Hoxe empezaron as exposicións diante da clase:


Lucas fixo un bonito álbum onde incluiu a primeira ecografía que lle fixeron a súa nai, así que poidemos ver como era antes de nacer. Tamén elexiu fotos do día do seu nacemento, dos seus primeiros pasos, dos primeiros baños coa súa irmá Paula, dun pequeno accidente con rotura de clavícula, outra montado na moto do seu pai, na piscina cun traxe de neopreno, no colexio, unha co seu irmán máis pequeno e varias das vacacións.
  

Estela falounos sobre o seu nacemento, o seu bautizo, as primeiras vacacións cos seus pais, as comidas sentada na trona, os seus primeiros pasos aos nove meses, a súa amiga Patricia á quen coñeceu con ano e medio, o moito que lle gustaba andar en patinete aos dous anos, a súa entrada no cole aos tres, os disfraces, cando aprendeu a nadar, cando lle caeu o primeiro dente, ... cando experimentou emocións novas dentro dunha bola xigante e declárase actualmente como unha nena chea de alegría e moi divertida.



Martina tamén elexiu unha foto do seu nacemento e falounos do seu primeiro viaxe en avión feito cando aínda usaba chupete, de cando aprendeu a andar en bici (como era moi pequena usaba rodíns), o nacemento da súa irmá á que leva tres anos e a súa visita ao hospital para coñecela e de cando lle caeu o primeiro dente.


Noelia fixo un mural onde puxo fotos do seu bautizo, dos seus primeiros pasos, da entrada no cole, dos momentos en que se disfraza, dunha actuación no colexio e do seu aniversario favorito que casualmente foi o último no que o pasou mellor que en ningún.

OS VERMES DE SEDA


O último verme fixo esta semana o casulo. Agora só queda agardar que empecen a saír as bolboretas.

O ESTUDO DA HISTORIA

Hai moitos anos as cousas non eran igual que agora. A paixase, os obxectos, as persoas e os costumes cambiaron ao longo dos anos. 
  

Estela trouxonos unha pedra cunha reproducción dun dos animais pintados na Cova de Altamira. As pinturas desta cova foron descubertas por unha nena de oito anos, coma vós, que acompañaba ao seu pai, que era aficionado á paleontoloxía, nunha visita á cova. No teito había sorprendentemente máis de cen animais perfectamente debuxados. Ao principio non se creía que os homes prehistóricos fosen capaces de pintar tan ben, agora este lugar está considerado Patrimonio da Humanidade.
 


Martina estivo onte visitando o Castro de Santa Tegra. Aquí vivían os nosos antepasados antes de que chegaran os romanos. Algunhas casas están reconstruidas para que poidamos ver mellor como eran naqueles tempos.

 

Julica fixo unha liña do tempo, que é un debuxo que mostra unha serie de acontecementos na orde na que sucederon. A súa liña representa a evolución da roupa desde a prehistoria ata chegar a idade contemporánea.

NOVOS EXPERIMENTOS


Maya e Noelia, axudadas por Martina, puxeron témpera vermella nun bote que encheron con auga moi quente. Este bote tiña buracos na tapa e foi metido dentro doutro bote que contiña auga fría pero evitando que as augas se mesturasen. Ao pouco rato a auga de fóra estaba tinguida de vermello.



Estela, coa axuda de Daniela e Maya, explicou por qué se poñemos unha caixa diante dunha vela e sopramos, a vela non se apaga, e, se poñemos unha botella cilíndrica e sopramos, si conseguimos que a vela se apague.


Estela tamén explicou a razón pola que ao poñer unha botella baldeira enriba dunha vela ao pouco tempo a vela apágase.


Julica axudada por varias compañeiras experimentou con pinturas para cristais e con moldes e pastas para modelar.