TÉCNICAS DE ESTUDO

Despois dunha semana de clase retomando as rutinas e refrescando aprendizaxes, hai que enfrentarse a novas tarefas, as propias deste cuarto curso que iniciades, que, como sabedes, será un pouco máis complicado que o ano anterior. Para que todo vaia ben desde o principio é necesario traballar de forma organizada tódolos días. Estes vídeos poden axudarvos nesa organización.








BENVIDOS E BENVIDAS A CUARTO


Sinto dicirvos que non poderei estar convosco neste comezo de curso. Un pequeno accidente terame alonxada da clase durante algún tempo. Pero poderemos seguir en contacto de cando en vez a través deste blogue. Bicos para todos e todas.



 Benvidos/as de novo ao "cole"!!!