AS PROPIEDADES DA MATERIA

Todos os obxectos están feitos de materia
Cada materia diferente é unha substancia.

A materia pódese presentar en varios estados
-A maior parte dos materiais que empregamos son sólidos. 
-Os líquidos son fluídos, é dicir, adáptanse aos recipientes que os conteñen. 
-Os gases non teñen forma nen volume propio.

Na clase estivemos, mediante experimentos, comprobando algunhas propiedades dos sólidos: resistencia (capacidade que posúe un material de soportar moita forza sen romper), flexibilidade (capacidade de dobrarse sen romper), elasticidade (capacidade de recuperar a forma inicial despois dunha deformación) e fraxilidade (propiedade que indica que un material rompe con facilidade); dos líquidos: viscosidade (resistencia que teñen a fluír); e dos gases: aumento ou diminución de volume (propiedade de expandirse ou comprimirse).