FESTA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano homenaxeamos a Manuel María aprendendo algúns dos seus poemas.
Aos nenos e nenas da clase tamén lles gusta cantar co grupo Fuxan os ventos unha canción sobre Galicia con letra de Manuel María.



No colexio aproveitamos a data para acercarnos ás nosas tradicións. Tódolos nenos e nenas participaron en diferentes obradoiros: elaboración de maios, construcción de instrumentos musicais, cerámica, bolillos, percusión, baile, traxes típicos...