PREPARANDO A SAÍDA

Proximamente faremos unha viaxe a través do tempo. 



Primeiro visitaremos o castro e o museo do Monte Tegra e participaremos nun obradoiro onde aprenderemos as diferentes técnicas decorativas que se usaban na cerámica castrexa. 



Despois iremos a Baiona, cidade onde arribou a Pinta, unha das carabelas que acompañou a Colón cando descubriu América. 




Neste vídeo poderedes ver desde o aire o castro que imos visitar . Está gravado cun dron e as imaxes son espectaculares. Mirade, mirade! Pronto estaremos alí.





Outra forma de ver o castro: 


Con estes libros interactivos poderedes saber máis cousas sobre a cultura castrexa.