CARTA DE LÚA

Recibimos a primeira carta de Lúa, acompañada dun paquete. Nel había anacos de tella. Na clase varios nenos e nenas intentaron unilos pero non coincidían. Sospeitamos que as nosas pezas encaixan coas que recibiron outras clases. De momento, imos investigar sobre as tellas. Hai moito que descubrir e queremos sabelo todo...