AS ROCHAS E OS MINERAIS

As rochas constitúen a parte sólida da Terra. Todas elas están formadas por un ou varios elementos de distintas cores que reciben o nome de minerais.
Cada mineral é distinto dos outros e recoñécese polas súas propiedades.

Álvaro trouxo a súa colección e tivemos a ocasión de comprobar as diferenzas entre eles: distintas formas, distintas cores, distintas intensidades de brillo e distintas durezas. 
Cada mineral tiña unha ficha coa que descubrimos en que lugar do mundo é posible atopalo con facilidade e outras curiosidades. 

Para SABER MÁIS podedes consultar esta GUÍA INTERACTIVA DE ROCHAS E MINERAIS.


Tamén trouxo un volcán feito cunha técnica similar á que describimos onte, pero esta vez preparado para simular unha erupción. 

Botoulle vinagre e bicarbonato e todos esperamos a que a mestura destas dúas substancias (ácido e base) producise unnha reacción química.

O experimento foi todo un éxito e o volcán entrou en erupción varias veces ante un público entusiasmado.


Grazas Álvaro!