CARTA DE LÚA

Recibimos unha carta da mascota da nosa biblioteca. Facía unha pregunta sobre "os cabaqueiros". Os nenos e nenas da clase  reuníronse en grupos e elaboraron un texto co que sabían sobre este oficio. Logo foron á biblioteca a entregar a resposta.

A cambio foilles entregada unha peza dun crebacabezas que entre tódalas clases do colexio estamos intentando compoñer no corredor central.

O crebacabezas xa ten colocadas moitas pezas, polo que descubrimos que ten un debuxo relacionado co tema do proxecto deste ano. Ao lado aparecen as respostas das preguntas que foi facendo Lúa ás distintas clases. Así aprendemos todos de todos.