PRIMEIROS AUXILIOS

Hoxe recibimos a visita de Laura, a nai de Noa , que é enfermeira.




Veunos falar de primeiros auxilios, un tema moi interesante pois todos/as debemos saber como actúar ante unha emerxencia, sobre todo nos casos que ocorren con frecuencia e ante os que se pode encontrar calquera.

Por exemplo: limpar correctamente unha ferida, que facer en caso de atragantamento, de queimadura, cando unha persoa é picada por unha abella, se alguén se marea, ou se empeza a sangrar polo nariz... 

Tamén falou do que non se debe de facer, porque é importante non agravar a situación mentres se espera a que cheguen os equipos de socorro, aos que hai que avisar se o que pasa é grave. 



Sempre hai que actúar con calma para non poñernos nós mesmos en risco se somos os que estamos axudando e tamén para tranquilizar a quen sufriu algún percance e seguramente estará nervioso/a.

Finalmente ensinou como facer unha reanimación cardio pulmonar e os nenos e nenas poideron practicar con monecos, pero advertiu que isto non era un xogo, así que non se pode facer con ninguén que non o necesite.

Moitas grazas por vir, Laura! 
Seguiremos os teus consellos!

Con este vídeo podedes repasar algunhas das situacións que vos poden poñer en perigo e así evitaredes pequenos accidentes.