CAMPAÑA SOLIDARIA


Visitáronnos Pablo Varela e Rafa Martín, que son membros de Cooperación Internacional ONG. 

Imos colaborar con eles nunha campaña solidaria na que recolleremos material escolar para o orfanato Kimbondo que está na República Democrática do Congo.

Entre os dous contáronnos cal é a situación actual deste país africano, que é un dos máis pobres do mundo. Alí o 40% da poboación ten menos de 18 anos e moitos viven sós, apenas van o colexio, polo que non aprenden a ler e a escribir, e teñen que traballar aínda que sexan pequenos. 

No orfanato Kimbondo, onde van viaxar este verán Pablo e Rafa para colaborar nun campo de traballo, hai 500 nenos e nenas aproximadamente. 

Para axudalos imos intentar conseguir moito material escolar e así poderán desenvolver o proxecto educativo que teñen previsto.

O primeiro que estamos a facer é deseñar uns carteis que, unha vez rematados, colocaremos por todo Tui. 
Queremos que se entere moita xente.
 Canta máis mellor!
E esperamos que colaboren connosco na medida das súas posibilidades.