INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

Tal como nos pedía Lúa na carta que recibimos, fomos á biblioteca e alí apareceu ela en persoa acompañada do profe Ramiro.


Estaba moi contenta de vernos e tiña moitas ganas de cantar e bailar.



Ademais quería contarnos varias cousas importantes. Unha delas era que xa podíamos utilizar a biblioteca tódolos días.

Outra era anunciar que o proxecto do colexio este curso está dedicado á PINTURA e para empezar estaba pensando en organizar unha gran festa de cores.


Púxonos un vídeo moi bonito do libro "El punto" de Peter H. Reynolds, contado pola contacontos Beatriz Moreno. Foi moi chulo e axudounos a reflexionar sobre que non hai que ter medo a crear. 

Tamén estaban preparadas as mochilas viaxeiras, que levamos á nosa aula para que empecen a viaxar polas nosas casas.