ELECCIÓNS NA CLASE

Nas eleccións municipais os habitantes dun municipio elixen aos seus representantes. Na nosa aula os nenos e nenas elixiron aos seus. 
Os/as candidatos/as tiveron que facer unha campaña electoral explicando aos compañeiros/as súas propostas de mellora para a clase.
Finalmente, utilizando unha urna "histórica" (foi empregada nas primeiras eleccións democráticas) todos e todas votaron.
Rematado o reconto, resultou gañadora unha nena, que vai formar un equipo, que a axude nas diferentes tarefas de goberno: biblioteca da aula, coidado das plantas, orde dos materiais comúns, axudas no traballo, etc.