A CASA DO AVÓ

No teatro da Área Panorámica desfrutamos do espectáculo titulado "A casa do avó" representado maxistralmente polo grupo Tanxarina.

O protagonista é Roberto, un neno que, cando se entera de que un "banco" vaille quitar a casa ao seu avó, decide impedilo a toda costa. Coa axuda dunha nena que coñece casualmente e tamén coa colaboración dunha morea de xente descoñecida consegue o seu propósito: que o seu avó poida seguir vivindo na súa preciosa casa.


Neste vídeo tedes algunhas das esceas que vimos na representación.