Os sentidos recollen información que logo pasan ao cerebro porque eles non saben por si mesmos interpretala. Pero ás veces o cerebro engánase e fainos mirar cousas que non son de todo certas.
Podemos facer un experimento co sentido da vista para comprobalo.
Primeiro debuxamos nunha cuadrícula dúas raias exactamente iguais.
Despois nunha delas poñemos os extremos en forma de frecha e na outra ao contrario.
A qué agora unha parece máis longa que a outra?
Pois aínda que non o pareza seguen sendo as mesmas raias.
Fixádevos agora nos círculos que están no centro.
O da dereita parece máis grande que o da esquerda.
O cerebro volve a enganarnos. Son exactamente iguais.
Nesta imaxe parece que as figuras se moven pero en realidade están moi quietas.
Nesta outra as raias verticais parecen torcidas pero... son paralelas.
Aquí, se mirades fixamente, veredes puntiños negros que aparecen e desaparecen.
E nesta imaxe que é o que vedes vós: un indio ou un esquimó?
Por último, un experimento para facer na casa.
Necesitades:
Cartolina
Lapis de cores
Regra
Un rotulador (ou un obxecto cilíndrico fino)
Cinta adhesiva.
Instruccións:
Primeiro debuxade coa regra un cadrado.
Recortádeo.
Logo nunha das caras debuxade unha rede e na outra un peixe.
Cando estea listo, collede o rotulador coas mans e xirádeo a toda présa.
Veredes como a rede atrapa ao peixe.
(Se o preferides, en vez da rede e o peixe, podedes debuxar unha gaiola e un paxaro).
Veredes como a rede atrapa ao peixe.
(Se o preferides, en vez da rede e o peixe, podedes debuxar unha gaiola e un paxaro).