O MAGOSTO

Un curso máis celebramos a Festa do Magosto. 
Foi todo un día de  festa que empezou coa participación dos nenos e nenas  nunha grande variedade de xogos populares: carreira de sacos, o pano, a petanca, os bolos, a comba, carreira de carretillos, as tabas, a ra, a chave....

Tamén se celebrou a tradicional carreira de carrilanas, que cada vez conta con máis "pilotos" dispostos/as a baixar a costa de entrada ao colexio.

Mentras todo isto sucedía, as castañas estaban sendo asadas. 
Finalmente poideron ser degustadas xunto a un pequeno "bocata" con pan e chourizo, tamén asado.