ALIMENTÁDEVOS BEN
Cartel con información para unha dieta saudable distribuído pola Xunta hai algún temponos centros de saúde e hospitais con servizo de pediatría, centros escolares públicos e privados, escolas infantís e supermercados.
COIDAMOS A SAÚDE?
Se queredes saber moitas cousas interesantes sobre as froitas e as verduras, descargade este libro.
APRENDENDO FRACCIÓNS
Estamos aprendendo fraccións e, para facelo máis emocionante, xogamos ao bingo.
Cada un tiña unha cartolina con debuxos de fraccións representadas en
círculos, rectángulos ou outras figuras e debían buscar a fracción correcta no cartón
e marcala!
Ao principio, algúns dos números parecían un pouco complicados, pero con
cada rolda do xogo entendían mellor como recoñecelos. Metades, terzos,
cuartos... Cada vez eran máis fáciles!
Os momentos máis emocionantes eran cando alguén gritaba "LIÑA" pero
o mellor de todo é que todos se divertiron e aprenderon xogando.
ENTROIDO 2025
🎭✨ Este ano, a nosa temática foi os bailes de salón 💃🕺🎶, e os nenos e nenas vestíronse para a ocasión con traxes moi elegantes e coloridos.
Así percorreron as rúas da vila xunto as demais clases do colexio nun desfile cheo de música, alegría e moito ritmo. Que divertido foi bailar mentres camiñabamos e ver como a xente nos miraba sorrindo.
Sentímonos verdadeiros
profesionais!
Despois do desfile, chegou o momento de repoñer forzas, e nada mellor que
as típicas sobremesas do Entroido. Probamos orellas, filloas e outros doces e
todos estaban deliciosos!
Foi un Entroido máxico, cheo de cor, música e sabor.
DÍA DE ROSALÍA
Celebramos o Día de Rosalía 📖, a nosa gran escritora e poeta galega. Para homenaxeala, lembramos a súa vida e os seus fermosos poemas, que falan da natureza, os sentimentos e o seu amor por Galicia.
Pero o máis divertido foi a manualidade que fixeron os nenos e as nenas. Con cartolinas, cores e moita creatividade decoraron unhas caretas 🎭 inspiradas en Rosalía, con detalles que lembraban o seu estilo e a súa época. Logo, puxéronas e foi como viaxar no tempo para converterse en pequenos poetas coma ela!
NOVOS ENSAIOS 💃🕺
Este foi un día moi especial para as clases de cuarto porque recibimos de novo a visita de Miguel Abreu.
Con paciencia e alegría, Miguel
foi ensinando novos pasos para os bailes que estamos aprendendo e corrixindo as posturas.
Con cada xiro e cada movemento, os nenos e nenas danse conta de que con práctica e entusiasmo, poden mellorar moito.
E xa se notan algúns avances!
Agora están moi emocionados por seguir aprendendo e ver ata onde poden chegar.