O INVERNO

Coa chegada do inverno empezamos un novo proxecto sobre esta estación do ano. Volveremos a observar os cambios que se producen no noso entorno e preguntarémonos por que se producen. Tomaremos datos do tempo atmosférico cada día para facer as nosas estatísticas e poder sacar conclusións comparándoos coa estación anterior. Investigaremos sobre como afecta o frío a algúns animais, sobre as dificultades que teñen para atopar alimentos, sobre os froitos propios desta época… Buscaremos información sobre lugares onde vai tanto frío que parece que sempre é inverno. Participaremos nas festas propias da época ( A Paz, O Entroido…). Buscaremos poemas, refráns, adiviñas ...,  cantaremos cancións, escribiremos historias, etc...