A PAZ

Empezamos un novo proxecto. Estase acercando o 30 de xaneiro ( data en que celebramos o “DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ” ) e na clase decidimos pensar que podemos facer nós para mellorar as nosas relacións de convivencia, que son boas, pero ás veces cando xurde algún conflito, non se soluciona de forma pacífica.

O punto de partida polo tanto será detectar que cousas da nosa vida diaria son contrarias á paz e buscar solucións non violentas, para logo comprometernos a cumprilas.