A CONVIVENCIA NA ESCOLA

Empezamos as clases e todos e todas estamos contentos de reencontrarnos cos compañeiros e compañeiras do curso pasado e tamén sentimos curiosidade ao coñecer a novos amigos/as que estarán connosco ao longo do curso.  Xuntos temos que compartir moitos espazos, moitos traballos e moitos xogos e ás veces aparecen situacións de conflicto que temos que saber resolver correctamente. Con este xogo poderedes saber se sodes quen de atopar a mellor resposta a diferentes problemas de convivencia na escola.