SAMAÍN


A noite de Samaín para os Celtas era a noite máis perigosa do ano porque as portas do Outromundo abríanse nesas horas e as ánimas podían visitar este mundo e aos seus moradores.


No colexio o Samaín é unha conmemoración que aproveitamos para investigar sobre as nosas tradicións e para traballar emocións coma o medo.



Tal día como hoxe as clases énchense de bruxas, vampiros, zombies, demos, esqueletos, etc.




Na nosa aula, Daniela, Víctor, Gael e Hugo estiveron lendo para os seus compañeiros/as varias lendas intentando meterlles o medo no corpo.


Despois xuntámonos tódolos de terceiro para pasar xuntos polo túnel do terror, onde esqueletos, bruxas e monstros agochábanse para asustarnos.

Alí algúns ...... morreron de medo e ......... outros ...... morreron de risa. Os gritos mesturábanse coas gargalladas. Nin uns nin outros esquecerán a experiencia. 

Ao final do túnel un espantallo contounos a lenda de "Jack, o lanterna", mentres uns seres misteriosos paseaban a modiño entre as sombras. 

Ás veces é divertidísimo pasar medo!!!!!