Esta semana fomos ao Museo Anfaco. Na visita aprendemos moitas cousas sobre a
historia da conservación dos alimentos, sobre a evolución das latas e a súa
relación cos produtos do mar, sobre a importancia de Galicia neste sector, sobre
a presenza maioritaria das mulleres nas fábricas de conservas, e tamén, sobre como
a tecnoloxía e a ciencia axudan a progresar
con novos descubrimentos.
Durante a estancia no Museo
contáronnos curiosidades como qué relación ten Napoleón coas conservas, por qué
hai tantas fábricas en Galicia e por qué traballan tantas mulleres nelas, por qué as latas non teñen data de caducidade ( só de consumo preferente) ou o último achado para conservar alimentos: uns envases de plástico feitos con
materiais orgánicos procedentes de peixes.
Vimos unha oficina antiga chea de
obxectos que agora non se usan doados por unha das primeiras familias conserveiras
galegas, libros de contabilidade, cartas moi bonitas, máquinas das primeiras fábricas,
distintos métodos para abrir latas, cadros moi modernos con temática mariña…
Foi unha saída moi completa e moi interesante.