MÁIS TARTARUGAS NA CLASE


As tartarugas son mascotas habituais nas casas de moitos nenos e nenas porque non ocupan moito espazo e son fáciles de coidar.
Víctor trouxo a Turbo, que ten ese nome porque é moi rápida e demostrouno andando a toda velocidade por riba da mesa facendo as delicias de todos e todas. A Víctor gústalle sobre todo o debuxo que ten pola parte de abaixo da cuncha. Con él aprendemos que o grupo das tartarugas tamén se chaman quelonios e que están divididos en familias, cada unha co seu nome. A súa pertenece á familia das Emiledas e procede dos Estados Unidos.
Mateo sorprendeunos con Berta, que medía 15 centímetros e pesaba 350 gramos. Contounos que o seu nome científico é Trachemys Scripta Elegans, pero tamén se lle coñece como Tartaruga de Orellas Vermellas ou Galápago de Florida. É unha femia e pode chegar a medir vinte centímetros. Os machos son máis pequenos e non pasan de 10 cm. Procede do norte de México. O seu bote de comida, por suposto, tiña un tamaño maior que o das outras tartarugas que visitaron a clase. Como era tan grande, a Berta permitímoslle andar polo chan da clase e deu un gran paseo visitando tódalas esquinas.

MOITAS GRAZAS AOS DOUS!

Despois, como xa sabemos moitas cousas sobre es tartarugas terrestres e as de auga doce, estivemos lendo información sobre tres das principais tartarugas mariñas: a tartaruga laúde, a tartaruga "carey" e a tartaruga verde. As tres viven en augas cálidas  de diferentes océnos e as tres están en perigo de extinción. Cada unha delas aliméntase de forma diferente e como curiosidade aprendemos que a laúde ten que viaxar moito para atopar unha praia onde poñer os ovos, a "carey" é considerada un manxar exquisito na India e na China, e a tartaruga verde chámase así pola cor da grasa que ten debaixo do caparazón.