MEDIDAS DE LONXITUDE

Xa levamos un tempo un tempo traballando coas medidas de lonxitude. Os nenos e nenas utilizaron a cinta métrica e a regla para medir diversos obxectos. Na libreta apuntaron as diferentes medidas para despois facer equivalencias entre elas.


En 3º C  fixeron planos a escala das súas habitacións, de rúas e edificios da nosa cidade, etc. 


Para medir distancias máis longas todos os terceiros saímos do colexio  e paseamos ata a veiga do río Miño onde no carril de bicis atopamos marcas cada 100 metros e así puidemos comprobar visualmente o que é un hm e un km.
Mentres facíamos o percorrido recordamos o aprendido sobre normas de educación viara e a importancia do seu cumplimento: camiñar sempre polas beirarrúas, cruzar polos pasos de peóns, camiñar pola beiravía esquerda se non hai beirrarrúa, mirar a dereita e a esquerda antes de cruzar... Tamén fomos observando o mobiliario urbano e os sinais de tráfico.