O noso corpo obtén dos alimentos os nutrientes que necesita para levar a cabo as súas funcións. Pero comer de todo para algúns nenos e nenas convértese nun problema. Unha forma de solucionalo é achegarse á comida dunha forma divertida porque moitas veces "comemos cos ollos" e parece que a comida sabe mellor se ten un aspecto que nos gusta. Julica, que é unha cociñeira aficionada, ten algúns libros con receitas fáciles e sorprendentes que quixo compartir coa clase. Unha mostra é o sanwich que trouxo hoxe para o recreo.