DÍA DA PAZ


Para celebrar o Día da Paz os nenos e nenas de cuarto fixeron este mural onde UN SINAL obriga a todos/as... a axudar, a compartir, a ser amables, a ser cariñosos, a respectar, a sorrir, a estar unidos, a escoitar, a perdoar, a acompañar, a ter paciencia, a ser felices, a querer, etc, etc.
Os/as defensores/as da PAZ comprométense a cumprilo.


Tamén cada un deixou unha pegada no mural que uns grafiteiros estaban pintando nunha das paredes do colexio.  Nel aparecen Ghandi e Nelson Mandela. Os dous recibiron o Premios Nobel da Paz e simbolizan a defensa dos dereitos humáns por medios pacíficos.

E a AMPA, coma tódolos anos, invitounos a unha obra de teatro na Área Panorámica. Nesta ocasión tratábase de "Antía, Wamba e o regato pequeno" representada polo grupo Tropa de Trapo.

Antía é unha nena galega que vai merendar ao parque. Wamba é un mozo do Congo que vende de todo no Top Manta para poder sobrevivir. Unha carreira, un tropezo e un bocadillo van unir as súas vidas e van compartir o que nese momento levan enriba : Antía, a súa merenda, e Wamba, as súas historias.

Elena e Paula, de 4ºC, colaboraron nun dos contos...

Había nunha aldea do Congo un lugar maldito ao que lle chamaban a chaira das dúas pedras. Un home cheo de fame e sen outra opción aventurouse a traballalas. Cando empezou a rozar aquelas terras apareceu a maldición, mellor dito : as “dúas maldicións” que resultaron non ser tal, senon unha grande lección para toda a aldea.