ASÍ CELEBRAMOS O ENTROIDO


Unha familia Addams moito máis extensa que a orixinal, un pequeno desfile polo patio do colexio xa que a choiva nos impediu saír polas rúas de Tui como estaba previsto, unha suculenta "cuchipanda" con postres típicos da época e ... moita música encheron este día dedicado a unha das festas máis divertidas no que todos/as intentamos ser quen non somos.