RECITAL DE POESÍA

Hoxe reunímonos tódolos cuartos no salón de actos do colexio para facer un pequeno recital de poesía.
A poesía educa a sensibilidade, o gusto estético… Aprender poesías permítenos recitalas onde e a quen queiramos e vai creando  unha bagaxe cultural que pode resultar moi pracenteira. Recitar poesía favorece a confianza e a autoestima. Tamén se traballa a memoria e outros elementos da expresión oral: entoación, ritmo, expresividade, volume ...