OS ESTADOS DA AUGA

Que pasa cando metemos auga no conxelador ? E, cando poñemos unha tarteira con auga no lume? 
Os nenos e nenas da clase tiñan o encargo de facer un experimento relacionado cos cambios de estado da auga e contalo.
As conclusións que sacamos:

Cando arrefriamos AUGA LÍQUIDA, convértese en XEO.
Ese cambio chámase SOLIDIFICACIÓN.

Cando quentamos AUGA LÍQUIDA, convértese en VAPOR.
Ese cambio chámase EVAPORACIÓN.

Cando o XEO se quenta, desfaise e convértese en AUGA LÍQUIDA.
Ese cambio chámase FUSIÓN.

Cando o VAPOR se arrefría, vólvese a transformar en AUGA LÍQUIDA.
Ese cambio chámase CONDENSACIÓN.


Para que a auga cambie dun estado a outro é necesario quentala ou arrefriala.

Tamén comprobamos que se a auga ten algunha substancia dentro, como, por exemplo sal, ao evaporarse, o sal queda depositado no fondo do recipiente. 
Tamén comprobamos que a auga líquída ao solidificarse aumenta de volume, e ao evaporarse baixa de nivel.