Visitamos o restaurante "O novo cabalo furado" onde os seus donos, Manolo e María, responderon a moitas preguntas que lle fixeron os nenos e nenas sobre o seu traballo. Tamén deron receitas das que tomamos nota para poder facelas nós, e" rechupamos" os dedos despois de probar unha das súas riquísimas tartas caseiras.
