AS PLANTAS SON IMPRESCINDIBLES NA NOSA VIDA

Como as plantas non se desprazan nin se expresan, parece que non son seres vivos. Pero si que o son, igual que os animais, e temos que terlle o mesmo aprecio e respecto. 

Despois de investigar sobre elas, os nenos e nenas da clase xa non teñen dúbidas de que se non existisen non sería posible a vida na Terra. Forman parte da nosa alimentación e da maioría dos animais que comemos, producen osíxeno, favorecen a chuvia, evitan que a auga arrastre a terra e fan que o noso planeta sexa máis bonito.