A PREHISTORIA

A prehistoria iniciouse hai millóns de anos coa aparición dos primeiros seres  humanos. É o período máis antigo e extenso do pasado. Eva quixo facer un traballo sobre as tres partes en que se divide: Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais.
Suso decidiu construir unha maqueta onde representou a vida no Neolítico, época en que se empezaron a cultivar as plantas e a coidar o gando o que levou aos humanos a converterse en sedentarios e formar as primeiras aldeas.