DESPEDIMOS A CORY

Como sabedes, ao ser un centro plurilingüe, temos un auxiliar de conversa que axuda a mellorar a expresión oral en inglés e que achega a cultura do seu país aos nenos e nenas do colexio. Este curso estivo Cory, un rapaz norteamericano, do que a clase despediuse hoxe despois de oito meses aprendendo a falar con corrección na súa compaña e xunto á profe Pili.