LETRAS GALEGAS



Os nenos e nenas de 6ºB representaron para todo o colexio a obra de Carlos Casares "As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas", escrita en 1973, e convertida en todo un clásico do teatro infantil.

O argumento é o seguinte: Nun limoeiro nacen unhas enormes laranxas que estoupan cando se lles toca. Arredor delas van aparecendo unha serie de veciños que se ven envoltos en situacións absurdas pero moi divertidas.