COÑECENDO MELLOR OS DEPORTES

O equipo de deporte do colexio organizou durante estas dúas primeiras semanas de setembro unhas xornadas de promoción de diferentes deportes que se poden practicar na nosa cidade: xudo, bádminton, remo, balonmán, fútbol-sala, natación, padel ...

Todos e todas sabemos que o exercicio físico é moi importante. Só hai que elixir a forma que máis nos divirta ou que máis necesitemos.

Os nenos e nenas escoitaron con atención o que os distintos monitores lles contaron de cada deporte e tamén tiveron a ocasión de practicar algúns deles no ximnasio do colexio e no pavillón novo.