DÍA DE ROSALÍA

No aniversario do nacemento de Rosalía, recordamos á escritora e a súa poesía. 
A nosa clase escolleu "Airiños, airiños, aires..." para recitalo a ritmo de "rap" no salón de actos do colexio.

.
Os nenos e nenas da clase pintaron os "airiños" do poema como fondo deste cadro que leva unha imaxe de Rosalía debuxada pola ilustradora Mónica Jiménez.


Para rematar esta conmemoración, asistimos ao teatro a ver a obra de monicreques "A viaxe de Rosalía" onde a madriña de Rosalía, dona Francisca Do Campo, contounos a historia da súa afillada desde que era unha nena ata que se converteu na gran escritora que todos/as coñecemos.