Lía trouxo un saltón á aula e con ela repasamos as características dos insectos.
A través da caixa transparente puidemos observar con claridade as tres partes do corpo: cabeza, tórax e abdome.
-Na cabeza están os ollos, a boca e as antenas.
-Do tórax saen as seis patas e as ás.
-O abdome está dividido en varios segmentos e é moito máis longo que o tórax.