LUNS 27

LINGUA GALEGA

ORTOGRAFÍA: PALABRAS CON V


Lede con atención o cadro.


Páxina 149

Actividade 3: Completade os títulos (debuxade os libros en formato suficientemente grande para que se entenda ben).

Páxina 146

-Fixádevos na sopa de letras da actividade 2 e resolvédea mentalmente. Logo, escribide unha nova sopa de letras con outras definicións. 

A condición é que as solucións sexan palabras en galego e leven a letra V en calquera posición, non só ao principio.

Podedes facer a sopa de letras directamente nun papel, usando unha regla para facer unha cuadrícula e colocar de forma ordeada as letras.
Ou tamén podedes utilizar un xenerador de sopas de letras on line como o que atoparedes premendo  AQUÍ. Esta páxina crea sopas e permite personalizar o título e o número de filas e columnas; as cores e a dirección das palabras; e é posible descargarlas.
De esta forma poderíades inventar ademais outras sopas de letras sobre temas variados (non terían que ser coa letra v sempre). E, se queredes, publicámolas para xogar resolvendo as que propoñan os/as vosos/as compañeiros/as.


CIENCIAS SOCIAIS


Os produtos industriais

- Lede as páxinas 110 e 111 do libro.

Para saber máis... (Está en castelán)


(Tedes que ter Adobe Flash Player activado)



- Copiade na libreta o esquema da páxina 117. 

- Fixádevos neste exemplo:



-Agora tomade a iniciativa (páxina 119, nº 8) e elexide un obxecto que vos guste e buscade información sobre o proceso industrial para fabricalo. Logo debuxade algunhas viñetas para contalo.