MARTES 21

LINGUA GALEGA

GRAMÁTICA: OS POSESIVOS


Lede con atención os cadros.



Páxinas 144 e 145

-Actividades 1, 2 e 3. (Nesta última hai que debuxar a táboa e completala: son oito posesivos os que tedes que encontrar)



CIENCIAS SOCIAIS

Os traballos que obteñen produtos animais


A gandaría tamén é outro dos recursos cos que contan os humanos para a súa subsistencia. Polo tanto moitos homes e mulleres non deixaron de traballar estes días nas súas granxas ou pescando ... para que todos nós tivésemos para comer toda clase de produtos obtidos dos animais: leite, ovos, carne, peixe...



Dentro dos tipos de gandaría quero destacar a gandaría extensiva, que respecta o benestar animal e xenera produtos de maior calidade. Déixovos un vídeo que vos mostra animais criados desta forma, aínda que non é en Galicia, por iso está en castelán.





-Lede as páxinas 100 e 101 do libro e facede un resume ou un esquema  (elexide un dos dous) sobre a gandaría e a pesca.
Deben aparecer os tipos gandaría, os tipos de gando, os tipos de pesca... con características xerais e con exemplos; tamén podedes completalo con debuxos ou fotos, se queredes.

Podedes utilizar esta PLANTILLA (descargada ou copiada na libreta) ou elaborar unha vós mesmos.


Para saber máis...
(Tedes que ter Adobe Flash Player activado)