MÉRCORES 29

LINGUA GALEGA

EXPRESIÓN ESCRITA


-Pensade en que queredes traballar cando sexades maiores. 
-Investigade sobre o que tedes que facer para conseguilo. 

-Explica que profesión elixiches, que tes que estudar, en que consiste ese traballo, que tarefas terás que realizar, a que sector pertence e por que o escolliches. (A vosa redacción ten que ter seis oracións distintas como mínimo. Recordade que as oracións empezan con letra maiúscula e rematan con punto.)

-Ilustrade cun debuxo.



CIENCIAS SOCIAIS


ANALIZAR A ETIQUETA DUN PRODUTO


Páxina 116

-Collede un bote de xabón líquido, xel, champú... ou similar.

-Comprobade...
  • Cal é a súa composición.
  • Canto tempo se pode usar despois de abrilo.
  • Se ten o símbolo que indica que se pode reciclar e en que contedor hai que botalo. 
  • En que país se fabricou (para isto teredes que fixarvos nos primeiros números do código de barras e buscar información).
  • A capacidade (estará en mililitros).

- Agora buscade outros produtos que teñades en casa, que estean envasados e vaiades consumir. 
-Collede as etiquetas e observádeas. 
-Completade fichas como estas.


-Podedes facer vós unha táboa na libreta e completala.
 Ou descargala AQUÍ.