LINGUA GALEGA
"Demostra o teu talento"
Hoxe imos escribir adiviñas sobre os oficios ou profesións.
Tedes que inventar varias seguindo estas instruccións.
Gustaríanos recibir as vosas creacións para publicalas e que os demais nenos e nenas intentasen adiviñalas.
(Podedes facelo directamente no ordenador, etc... e enviarnos o documento; ou escribilas na libreta e mandar, se queredes, unha foto do traballo a través do correo.)
CIENCIAS SOCIAIS
Os traballos que obteñen produtos na natureza
A agricultura
A agricultura é un dos principais recursos cos que contan os humanos para a súa subsistencia, como
puidemos comprobar nestes días.
Moitos homes e mulleres non
deixaron de traballar a terra para que todos nós tivésemos suficientes hortalizas,
froitas e verduras que comer.
Polo tanto debemos
aprender a valorar moito esta actividade, en tódalas épocas do ano, pero
especialmente nestes momentos.
-Lede as páxinas 98 e 99
do libro pensando na importancia do traballo dos agricultores para toda a sociedade.
-Interpretade o calendario de cultivos que tedes na páxina 102 e respondede na libreta as diferentes preguntas (1).